lunes, 19 de octubre de 2009

XEOGRAFÍA


O territorio de Francia esténdese polos cinco continentes do mundo, polo tanto a xeografía física estúdase separadamente segundo a rexión do mundo na que se atope. O territorio europeo de Francia (Francia metropolítana) está localizado no oeste deste continente. A configuración das súas fronteiras xeográficas no continente europeo fixo que se lle coñeza coma o hexágono.
A Francia metropolitana ten unha gran variedade de paisaxes, entre as chairas costeiras situadas no norte e o oeste e as cadeas montañoñas no sueste -os
Alpes- e no sueste -os Pireneos. Os Alpes franceses posúen o punto máis alto de Europa do Oeste, o Mont Blanc, que alcanza os 4.810 m. Existen tamén outras rexións montañosas máis antigas, tales a Córsega, o Massif Central, o Xura, os Vosges, o Macizo Armoricain e as Ardennes que son bastante rochosas e arboradas.

Mapa do relevo de Francia
O territorio da metrópole implica os rastros de varios episodios de formación de cadeas de
montaña: as cadeas antigas e erosionadas (a cadea herciniana) e as cadeas recentes sempre en formación (Pireneos e Alpes). Estas cadeas recentes son na orixe dunha actividade sísmica non desprezable.
O
subsolo francés permitiu e permite aínda a explotación de diversos minerais: bauxita, carbón, ferro, etc.
A rede fluvial de Francia é extensa e está composta principalmente polo
río Loira, o río Ródano, que ten a fonte en Suíza, o río Garona, que ten a fonte en España, o río Sena e unha parte dos cursos dos ríos Rin, Mosa, Moselle, Somme e Vilaine.
Francia forma parte dos países desenvolvidos, que disputa coa Alemaña e o Reino Unido o liderado económico na Unión Europea, pois é a segunda economía da Europa e a cuarta do mundo (EUA, Xapón, Alemaña, Francia, Reino Unido). A capital da Francia, París é unha das cidades máis poboadas do continente, e figura como unha cidade das máis importantes do mundo.
Francia funciona coma un istmo que liga a
Península Ibérica ao resto do continente, facendo fronteira coa Bélxica, Luxemburgo, Alemaña, Suíza, Italia, España, Andorra e co Principado de Mónaco. O Eurotúnel liga Francia co Reino Unido, pasando por baixo do canle da Mancha. Por ese túnel circúlase soamente en tren, que leva dun país para o outro mercadorías, turistas e pasaxeiros. Francia é privilexiada por ter tres áreas de litoral: ao oeste o Océano Atlántico, ao norte o canle da Mancha e ao sur o Mar Mediterráneo

No hay comentarios:

Publicar un comentario